Ir ao contido
Navia3D
Arqueoloxía virtual e patrimonio dixital en Galicia

Patrimonio galego en 3D. Do campo ao dixital.

Fotogrametría, reconstrución 3D e experiencias inmersivas para documentar e divulgar o patrimonio arqueolóxico e cultural de Galicia.

Servizos

Documentamos. Reconstruímos. Divulgamos.

Virtualización de patrimonio, arqueoloxía virtual, fotogrametría, reconstrución 3D, experiencias inmersivas e consultoría para patrimonio cultural.

Arqueoloxía virtual

Reconstrucións e hipóteses virtuais baseadas en investigación arqueolóxica. Cada elemento está documentado con criterio científico.

Reconstrución 3D

Modelos 3D de alta fidelidade, animacións e audiovisuais con recreacións históricas.

Experiencias inmersivas

Experiencias en realidade virtual e aumentada para patrimonio. Visitade un castro ou un monumento como se estivésedes alí.

Fotogrametría e escaneo 3D

Captación e procesado de datos mediante fotogrametría aérea e terrestre. Modelos 3D, nubes de puntos e ortoimaxes.

Tech para museos

Solucións tecnolóxicas a medida para museos, xacementos e institucións culturais.

Consultoría e proxectos

Asesoramento tecnolóxico e planificación de proxectos completos de posta en valor patrimonial.

Proxectos

Proxectos de patrimonio dixital en Galicia

Sobre nós

Quen somos

O patrimonio leva séculos acumulando capas: de terra, de tempo, de esquecemento. Nós capturámolo e engadímoslle unha capa máis: a dixital. Unha que non se degrada, que se pode compartir e que calquera pode visitar sen importar onde estea.

O que non se ve esquécese.

Preguntas frecuentes

O que adoitan preguntarnos

Que é a virtualización do patrimonio?

É trasladar un ben cultural —un xacemento, un edificio, unha peza— a un formato dixital fiel: modelos 3D, reconstrucións e experiencias inmersivas. Serve para documentalo con precisión, conservalo dixitalmente fronte ao deterioro e divulgalo a quen non podería velo doutro xeito.

En que tipo de patrimonio traballades?

Traballamos con xacementos arqueolóxicos, edificios históricos, pontes, igrexas, castros e elementos etnográficos. Cada proxecto adáptase ao obxectivo e ao cliente: dende administracións públicas ata institucións culturais e proxectos de investigación.

Que é a fotogrametría aplicada ao patrimonio?

É unha técnica que combina fotografías aéreas e terrestres con procesado computacional para xerar modelos 3D métricos do obxecto documentado. Permite conservar a xeometría exacta do ben sen contacto físico, útil para restauración, monitorización de deterioro e difusión.

Como empeza un proxecto convosco?

Por unha conversa. Cóntasnos sobre que ben patrimonial queres traballar e que queres conseguir (documentalo, expoñelo, atraer visitantes…) e propoñémosche que tecnoloxía encaixa. Non fai falta que saibas de tecnoloxía: para iso estamos.

Podedes axudarnos a financiar o proxecto?

Moitos proxectos de patrimonio finánciante mediante convocatorias públicas (LEADER, subvencións autonómicas, fondos europeos). Coñecemos ese terreo e podemos sumarnos como socio tecnolóxico para que o teu proxecto sexa sólido e viable.

Traballades só en Galicia?

Temos sede en Galicia e a maioría dos nosos proxectos están aquí, pero podemos desprazarnos a calquera zona segundo as necesidades do proxecto.

Contacto

Falemos

Ribadavia, Ourense, Galicia